
- Sede do Banco Santander.
Good morning, Vietnam!!
Hoxe é un día triste.
Hoxe Galiza perdeu as eleccións. Non porque gañase o PP con maioría absoluta, senón porque a liberdade dos suxeitos pra iren a votar, estivo limitada por varios flancos: a saber de leis electoráis coma a lei D’Hondt (impide que o noso voto se traduza en representación, infrinxindo así os principios democráticos), ou a saber da escasa información disponíbel ó votante. Por suposto o teu voto non vale nadiña, porque o sistema ocúpase de que só poidas elixir entre 3 opcións principais, que son ultradereita nacionalista española ultracaciquil e case fascista, nacionalismo servilista coas empresas, e falso socialismo, máis servil se cabe, con un abanico de intereses empresariáis máis amplo quizá. A maioría da xente non o verá por que están adoctrinados polos medios de comunicación, pois ós empresarios e banqueiros que posúen os principais grupos de medios de comunicación (PRISA, Grupo Planeta, ZETA, MediaPro, Grupo VOZ, etc) interésalles falar só das 3 opcións devanditas. Interésalles dar unha “información” que “forma” ó consumidor pra aceptar esas predeterminadas opcións. Non é conspiranoia, é un feito, posto que o banco Santander controla SER e Cuatro, ou o BBVA controla OndaCero e Antena 3. E só por exemplificar con bancos.
(Velaquí ía insertado un vídeo que Youtube eliminóu)
Neste vídeo pódese apreciar que, no caso da consciencia colectiva, ésta perdéuse no mesmo momento no cal se perdéu a libre información, ó se converter ésta derradeira nunha mercadoría dos poderosos, mediante a cal conseguen manternos a nós, os votantes consentidores, a nós, os borregos, no redil.
Foi un triste día pra Galiza non por cambiar de dirección, senón porque a xente ía sen rumbo a votar.As eleccións convertéronse un ano máis, nun festín no que o poder establecido, veña de man dun partido ou de outro, proporcionaba ó cidadán o medio pra que éste consentise, permitise, e lexitimase legalmente as accións da oligarquía. A participación subíu, ben, pero con ela tamén subíu o número de persoas, que decidiron deixar de representarse a sí mesmas pra seren representadas por terceiros, por non falar dos que gañaron finalmente. Dende o punto de vista máis básico de todos, trátase dun pacto co demo. “Nós podemos despreocuparnos, que eles xa mandan.” (Jajajaja)
A xente xa está demasiado durmida como pra concebir un cambio? O que se ve nas eleccións non é ós pobos decidindo, é ó pobo lobotomizado, actuando como unha marioneta ó servizo dos grandes intereses económicos de sempre. Se eres de esquerdas votas PSOE e se eres de dereitas votas PP, e se eres nacionalista, votas BNG. Se cres que o que governa o fixo mal, votas á oposición, e se crées que o fixeron ben, vótaslle a eles. Señores, así é como funciona unha sociedade demasiado simple, véxase a sociedade das formigas.
A lei comenta que haber liberdade haina; se non queres ningunha das 3 opcións, podes votar a outro partido, por exemplo Esquerda Unida. Qué é o que pasa? Pásache de todo, meu: coa actual ley electoral, Esquerda Unida nunca sacaría representación, porque os seus votantes están demasiado diseminados como pra significar un porcentaxe significante nunha mesma circunscripción electoral, como é requerido pra sacar ó menos un escano. Isto, nos din, é bó, porque é un sistema de control.
…
…
Ninguén se pregunta dúas veces porqué é bó un sistema de control? Mellor pra o sistema. Alguén se o está a preguntar? Hummm, O sistema ocuparáse de empregar os medios de comunicación, ben pra difamar a alternativa, ben pra menospreciá-la, ben pra alterar o consciente colectivo desfavorablemente con respecto ó que pensóu na alternativa. Cando te das de conta de que o sistema movéu ficha, xa gañóu a partida, e xa non vale o de “tiro porque me toca” porque non che ha volver tocar. A menos que…
A menos que alguén se erga e berre “XA BASTA”, a menos que os que queremos o mesmo, deixemos as nosas posibles diferenzas entre nós, para apoiar ese berro, para deixar de se-los cómplices dos governos que nos rouban, que nos estoupan, e que, por encima de todo, mantéñennos nesta situación. É INTOLERÁBEL. A conquista da nosa liberdade farémola non só dende as eleccións, senón tamén nas rúas, comezando a casa polos pilares, expandíndo o noso movemento comezando polos municipios coma se fixo no 36. E o primeiro obxectivo primordial inimigo a derribar, é a restricción proporcionada pola lei D’Hondt. Co noso permiso, non han enviar máis irmáns á guerra, non han roubar máis ó traballador, non han continuar creando diferenzas entre os máis ricos e poderosos e os máis pobres e febles, e non han seguir propagando este orde mundial antisolidario e noxento no noso nome. NON NO NOSO NOME.
Amse.
(Publicado orixinalmente no Movidillas.net)